Carrozas San Cidre

Carrozas San Cidre

¿En que consiste?

A festa consiste na elaboración dunhas carrozas que tratan de representar labores tradicionais do campo, antigos oficios ou outro tipo de tarefas propias do rural da nosa zona. 
Estas carrozas son elaboradas polos veciños dalgunha das aldeas da parroquia ou por peñas de amigos da parroquia ou da contorna da parroquia.

O día da festa é o 15 de maio se cadra en domingo ou se non o domingo seguinte o día 15. Venérase a San Cidre, patrón dos labregos de aí que a temática das carrozas estea relacionada co rural. Este día todas as carrozas elaboradas xúntanse na aldea de Camporrapado en frente o antiguo bar O Nervioso. Dende aí desfilan acompañadas de música (charanga, banda de música, gaiteiros…) pola vía principal da parroquia ata o campo da festa.

¿Qué é o seguinte?

¿Qué é o seguinte?

Unha vez que as carrozas chegan ó campo ofrecen pinchos variados e viño ós asistentes á festa. Estes pinchos ofrécense ós asistentes durante a sesión vermú. Durante a sesión vermú ten lugar o pregón e a continuación a entrega de premios ás mellores carrozas.

A festa continua toda a tarde, habendo actuacións musicales en todo momento (charangas, gaiteiros, bandas de música, orquestas…) ata a chegada da noite. Sobre as 22.00h a festa remata e as carrozas volven ós seus lugares de orixe.

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Máis información