¿En que ano se celebrou a primeira edición? ¿Como surxiu a idea?

A primeira edición das carrozas foi no ano 1973. A idea de construir unhas carrozas con temática relacionada cos labores do agro para o día da festa foi da Sección Femenina. A Sección Femenina era unha institución pertencente á Falanxe que tiña como misión educar ás mulleres según o ideario franquista. Estaba formada por un grupo de mulleres que ía polos pobos de España dando cursos que tiñan como finalidade educar ás mulleres para ser boas patriotas, boas cristiás e boas esposas.

Sabemos que en Oural se impartiron estes cursos dende finales de 1972 ata mediados de 1973 porque conseguimos atopar documentación no Arquivo do Antigo Reino de Galicia (A Coruña) que así o demostra. Ademais unha das veciñas da parroquia (Avelina López Villar) conserva o documento expedido no seu día como xustificante de haber realizado o curso. O dumento está datado no 05 de xullo do 1973. A práctica totalidade dos veciños corrobora esta data como comezo da Carrozas.

Parece ser que a idea surxiu porque unha desta mulleres que impartía os cursos era dun pobo de Castela onde tamén se veneraba ó San Cidre e os veciños facían carrozas con esta temática relacionada cos labores do campo e pensaron que sería boa idea implantar aquí tamén esta forma de celebrar a festa. Conceviuse como unha forma de honrar ó Santo.

Nesta primeira edición o cura que había na parroquia era don José, pero podemos decir que foi don Fernando Ledo o cura que máis impulsou a tradición das carrozas eses primeiros anos. El chegou á parroquia no ano 1974 e solamente estivo 3 anos (segunda edición das Carrozas) pero a súa implicación nese tempo foi total. En 1976 veu como cura para a parroquia don Ángel, que foi o sacerdote que máis anos estivo na parroquia dende que se celebra o desfile das Carrozas e actualmente o cura é don Francisco. A colaboración na festa de don Ángel, no seu día, e de don Francisco, na actualidade, tamén e total.

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Máis información